Presentación Club Badminton Salceda de Caselas

Realizouse a presentación do club badminton Salceda de Caselas  . Son xa 4 anos que este club de badminton esta funcionando en Salceda de Caselas. Son cerca de 30 os nenos que componen o club, con idades que comprende dende os 6 anos ata os 16 anos . É un deporte que esta gustanto moito no municipio de Salceda de Caselas e hai nenos con madeira de futuros campións. Os adestramentos son aos venres dende as 16.00 horas ata as 18.30 horas no Pavillón Municipal.

Dende o clube queremos dar as grazas os distintos patrocinadores ( SEGUROS REALE  , CLAUDIA VIDAL , BIMCA , GRANXA OS ROSALES ) e tamén a concelleira de deportes , Marina Cabaleiro pola implicacion con este clube.