Únete a volta chega a Salceda

Este domingo, 26 de maio serán as bicis as que cubran as rúas de Salceda.

A saída terá lugar do CEP Altamira, ás 10:30 horas. Os participantes poden inscribirse ata o venres 24 nos centros escolares ou na Casa da Cultura. Tamén poderán anotarse o mesmo día da proba de 9:00 a 10:00 horas da mañá.

Esta festa da bicicleta está organizada pola ANPA do CEP Altamira e a Deputación, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Salceda.

Ademáis, esta marcha conta co patrocinio de todas as panaderías de Salceda, varias comunidades de montes e a empresa Frigolouro. Tamén se conta coa axuda da Policía Local e do Clube Ciclista Aragonta.

O prezo da inscrición é un brick de leite, para o programa de alimentos, que poden deixar o día da marcha no lugar de inscrición ou entregalo no Concello.

Este marcha ciclista xa ven cebrándose no Concello fai máis de 30 anos, nun comenzo co motivo das letras galegas, converténdose agora mesmo nun evento moi relevante, contando o ano pasado con máis de 500 participantes.

A Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro, quere seguir convidando a todos os veciños e veciñas a participar nestas actividades deportivas en familia, das que se están preparando novas propostas, ademáis de darlle continuidade a outras iniciativas como a San Silvestre do Concello de Salceda, En busca do callo perdido ou a I 10K que se celebrou o pasado 5 de maio e que contou con máis de 800 participantes.