Cultura e festas

V ruta do Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, O Alcalde, Marcos Besada, xunto coas Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros da vila, veñen de presentar a V Ruta Pincho Folk

25 Entidades de Salceda reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar os convenios das axudas para gastos de funcionamento do ano 2017. Ditas axudas van destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades teñen ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

Empeza o Verán Cultural en Salceda

A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que a Concelleira presentou esta mañá acompañada do Alcalde, Marcos Besada.

I Mostra de Maios nas Letras Galegas

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Xubilados e Pensionistas do municipio traballan man a man na organización dos actos do Día das Letras Galegas o vindeiro mércores 17 de maio.