Cultura e festas

Marc, o mono que naceu dun ovo, achega a transexualidade a Salceda

Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais, da man da súa Vicepresidenta Eva Serantes, presentou en Salceda de Caselas o conto infantil “Marc, o mono que naceu dun ovo”. O relato, escrito por José Luis e Saúl Serantes Vaz, conta a historia de Marc, un mono que polo feito de ter nacido dun ovo está obrigado a ser unha ave, cando a realidade é que é un mono.

Salceda recupera o Entruido Tradicional

A Praza do Concello de Salceda de Caselas viviu esta mañá un momento histórico coa presentación do Entruido tradicional que este ano se recupera despois de máis de 50 anos desaparecido.

Salceda de Caselas prepara o Entroido máis importante da Comarca

Durante a semana do 22 ao 26 de xaneiro serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 29 de xaneiro ao 02 de febreiro será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.