Cultura e festas

Chega a VI ruta do Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, as Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros e hosteleiras da vila, veñen de presentar a VI Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 7 ao 29 de setembro

O Verdoejo Art Rock contribuirá coa reforestación de San Xurxo

Unha parte da recadación da edición deste ano do Festival Verdoejo Art Rock, que se celebrará do 27 ao 29 de xullo en Valença, vai ir destinada a favor da reflorestación das áreas queimadas en Verdoejo (Valença) e en San Xurxo (Salceda de Caselas).

Salceda homenaxea o “baby boom” no Estourazo

Este ano a encargada de disparar o estourazo será Inés Curro, matroa de Salceda, e máxima representante do que se ven chamando a “Salceda do baby boom”, pois polas súas mans pasan a práctica totalidade das mulleres que cada ano dan a luz en Salceda.