Cultura e festas

Aberto o prazo para participar no desfile de carrozas e comparsas

Durante esta semana serán as agrupacións pertencentes a Salceda as que poidan formalizar a súa solicitude de participación no desfile, e na semana do 18 ao 24 será o turno para as agrupacións de outros municipios, que poderán ocupar as prazas restantes por orde de solicitude.

Salceda recolle a súa tradición oral nun libro-CD

A Praza do Concello acolleu o pasado sábado a presentación do libro-CD “A tradición oral de Salceda de Caselas”, escrito polo autor Xosé Ramón Paz Antón, e publicado pola Deputación de Pontevedra.

Chega a VI ruta do Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, as Concelleiras de Comercio e Cultura do Concello de Salceda, Loli Castiñeira e Tere Pérez, acompañadas dunha representación dos hosteleiros e hosteleiras da vila, veñen de presentar a VI Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 7 ao 29 de setembro