Cultura e festas

Publicadas as bases para participar no desfile de Entroido

Durante a semana do 3 ao 9 de febreiro as agrupacións de Salceda poderán formalizar a súa solicitude, e dende o 10 ao 16 a inscrición abrirase para as agrupacións de calquera Concello. As agrupacións deberán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica do Concello.

Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda

O “pequeno circo de Nadal” será sen dúbida o prato forte da programación, cunha carpa na Praza do Concello que ao longo de tres días se convertirá nun espazo simbólico compartido no que vivir unha experiencia de Nadal, tal e como o definiu Nelson Quinteiro, director artístico do proxecto.

25 entidades reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste ano 2019 que lles permitirán percibir as axudas destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

Despois dos callos volve o Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.