O Rollo, de zona de axustizamentos no antigo réxime a espazo para desfrute da veciñanza
O proxecto de urbanización do Camiño do Rollo suporá a recuperación para as persoas dun espazo ata o de agora degradado, en pleno casco urbano de Salceda, e que aínda no seu estado era empregado por multitude de veciñanza como sendeiro peonil para acceder dende a rúa do Rollo ata Victoriano Pérez Vidal.