Alcaldía

Salceda traballa en bonificacións sociais no IBI

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda traballa na modificación da ordenanza reguladora do IBI, na liña de poder realizar bonificacións ás persoas e familias máis desfavorecidas despois de revisión anunciada unilateralmente dende o catastro

Unanimidade para reclamar estudios postobrigatorios

O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada de xeito conxunto polos tres grupos da corporación (MS, PSOE e PP), para instar á Xunta de Galicia a que proceda canto antes á ampliación do IES Pedras Rubias, así como á instauración de ensino postobrigatorio no municipio.

Pleno Ordinario do 25 de febreiro de 2021

Aquí podes seguir a emisión en directo do Pleno Ordinario do 25 de febreiro de 2021, que se celebrará de xeito telemático ás 20:30 por mor da situación sanitaria derivada da covid 19

Salceda duplica o gasto social no seu orzamento anual

O Concello de Salceda de Caselas aprobará inicialmente o seu orzamento anual para 2021 na sesión do Pleno Ordinario que se celebrará mañá xoves de xeito telemático, por mor da situación sanitaria. Son as contas máis altas da historia do Concello, e chegan aos 6.001.431,80 €.

Salceda estrea o seu centro terapéutico

O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.