Salceda recibe tres estudiantes francesas en intercambio

Salceda de Caselas, 09 de abril de 2024
O Concello de Salceda recibe nestes días a tres visitantes moi especiais chegadas dende Francia. Trátase de tres alumnas da rexión Grand Est, das cidades de Metz e Nancy, que participan no intercambio educativo EDUMOB da Xunta de Galicia. Este programa busca fomentar a interculturalidade mediante o coñecemento lingüístico e cultural entre alumnado desa rexión e Galicia. Marie, Insaf e Rania pasarán este mes en Salceda asistindo a clases no IES Pedras Rubias, ata o vindeiro 28 de abril.
Previamente, durante o mes de febreiro, foron tres as alumnas do IES Pedras Rubias que se desprazaron a Francia acompañadas da súa mestra para permanecer nas vivendas das estudiantes que agora chegan a Galicia.
A implantación do bacharelato no IES Pedras Rubias, trouxo consigo iniciativas tan importantes coma esta. É a primeira vez que o IES participa neste programa dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato, que dende o centro valoran moi positivamente para o desenvolvemento tanto lingüístico como persoal das participantes.
Selene González, Concelleira de Ensino: “fomentar a interculturalidade na educación é un medio de transformación e adaptación social. Estamos encantadas de participar neste programa que está tendo un alto calado na nosa mocidade e nas súas familias, non só lingüisticamente, senón a nivel cultural e social”
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Ter bacharelato no noso Concello permite levar adiante moitas iniciativas novedosas, e esta é unha delas. Quero trasladarlle os meus parabéns ao equipo directivo do IES por levalas adiante!”