Novas

I Mostra de Maios nas Letras Galegas

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Xubilados e Pensionistas do municipio traballan man a man na organización dos actos do Día das Letras Galegas o vindeiro mércores 17 de maio.

X Andaina Concello de Salceda

O vindeiro sábado 20 de maio, Salceda de Caselas acollerá a décima edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece tres alternativas de participación, podendo elexir 30, 33 ou 50 km.