X Andaina Concello de Salceda

O vindeiro sábado 20 de maio,  Salceda de Caselas acollerá a décima edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece tres alternativas de participación, podendo elexir 30, 33 ou 50 km. A saída realizarase dende o centro cultural ás 9:00, na parroquia de San Estevo de Budiño, e percorrerá diversos puntos do entorno natural do municipio así como dos Concellos limítrofes, destacando as sendas e as áreas de lecer.

Para poder participar na andaina, é preciso inscribirse a través da páxina web www.aforna.org, abonando un prezo de 10 € para os socios e/ou federados e 12 para os non socios e/ou non federados. O prezo inclúe os diferentes avituallamentos que se disporán ao longo do percorrido, así como o xantar final no centro cultural.
As previsións, en base aos anos anteriores, son de que centos de persoas se acheguen a participar nesta proba, que ademáis da xeografía natural do Concello de Salceda, pasará tamén por puntos dos Concellos veciños de Tui e Porriño. Estamos a falar dunha andaina coas mellores críticas tanto a nivel organización como a nivel de interese natural e de elección de percorrido. Esta edición incluirá novos tramos de grande interese natural, como a subida ao Monte Aloia, que sen dúbida suporá un reto para as persoas participantes.

Manuel Fernández Ramírez, máximo responsable do evento, agradeceu a enorme participación e a deportividade amosada polos participantes nas edicións anteriores. “O bo funcionamento da proba ata o de agora fai que cada ano a preparemos con máis adicación e máis ganas. Estamos seguros de que a andaina preparada para este ano non vai defraudar aos participantes que se animen a realizala”.

Carla Pérez, Concelleira de Medioambiente e Deportes: “Esta proba serve cada ano para que Salceda amose as súas sendas e os seus tesouros naturais, contribuíndo á posta en valor do nosos entorno. Manuel Fernández, xunto cos seus colaboradores realizan unha excelente tarefa cada ano con esta andaina, e o Concello de Salceda terá sempre as portas abertas para esta e outras iniciativas tan ben organizadas”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas: “Estamos ante unha nova oportunidade que Salceda non vai desaproveitar para abrir as portas do noso municipio nunha cita que se está a converter xa en referente neste tipo de probas. Os participantes nesta andaina poderán disfrutar das nosas paisaxes e das áreas que con tanto esforzo estamos a recuperar e a poñer en valor para o desfrute de veciños e visitantes”.