Novas

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran co Programa de Alimentos

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos.

Bando reducción consumo da auga

Solicítase á veciñanza sexan responsables no consumo da auga debido á situación de sequía tan grave que estamos a vivir