Novas

O barrio da Bouzavedra completará a súa rede de saneamento

O comité directivo do Consorcio do Louro, no que participa a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación da rede de saneamento de Bouzavedra, na parroquia de San Xurxo, que lle vai permitir a unha vintena de casas contar con este servizo esencial.

Salceda afectará en Pleno os antigos colexios para poder darlle novos usos

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.

Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda

O “pequeno circo de Nadal” será sen dúbida o prato forte da programación, cunha carpa na Praza do Concello que ao longo de tres días se convertirá nun espazo simbólico compartido no que vivir unha experiencia de Nadal, tal e como o definiu Nelson Quinteiro, director artístico do proxecto.

15 persoas benefícianse do programa “Cultiva a mente”

Esta mañá a Alcaldesa Loli Castiñeira xunto coa tenente alcaldesa Verónica Tourón, a Concelleira de Benestar Social Gela Ledo, o director da oficina de Caixabank en Salceda de Caselas e o presidente de AFAGA, visitaron a actividade para saudar ás persoas participantes e agradecerlles a súa participación no programa