A Concellería de emprego e formación de Salceda logra disminuir o desemprego
A reducción ven acompañada dunha maior igualdade na tasa de desemprego.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas, valora positivamente as estadísticas publicadas pola Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego Estatal; onde se constata que a cifra de desemprego local reduciuse en 76 persoas nos últimos seis meses. “Aínda que os datos reflexan que se rompe a tendencia alcista na cifra de desemprego, que tivo o seu máximo no mes de marzo de 2012, sabemos que a situación segue a ser extremadamente dura”.