A Concellería de emprego e formación de Salceda logra disminuir o desemprego

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas, valora positivamente as estadísticas publicadas pola Xunta de Galicia e polo Servizo Público de Emprego Estatal; onde se constata que a cifra de desemprego local reduciuse en 76 persoas nos últimos seis meses. “Aínda que os datos reflexan que se rompe a tendencia alcista na cifra de desemprego, que tivo o seu máximo no mes de marzo de 2012, sabemos que a situación segue a ser extremadamente dura”.

Ademáis a porcentaxe de desemprego na poboación feminina e menor que en anos anteriores, o que ven a reflexar tamén unha maior igualdade na tasa de desemprego e en consecuencia na tasa de ocupación.

As cifras demostra a gran labor que se está a desenvolver dende esta área, pero, “queremos recordar que a xunta ten as competencias en emprego e formación, e aínda que nos fixemos todos os deberes solicitando Obradoiros, Accións Formativas para Desempregados (AFD), Plans de Cooperación, etc non obtivemos ningún tipo de apoio por parte do goberno do PP na Xunta. O goberno autonómico debería repartir os seus recursos de modo igualitario, Salceda ten as instalacións adecuadas no CDL de O Torrón, pon a disposición tódolos recursos dispoñibles e aínda así vemos como cada día tódalas concesións son para outros concellos”

Nas mans desta concellería está un proxecto moi necesario e demandado polos veciños e veciñas de Salceda que é a Dinamización do CDL de O Torrón para convertilo no centro de focalización de tódalas políticas de emprego e formación, o proxecto avanza grazas a que o Concello apostou por él, agora estamos inmersos na aula de novas tecnoloxías, para cal xa se solicitou unha subvención “esperamos que esta vez si teñan en conta que este e un proxecto prioritario e que os cartos non se vaian de novo para os mesmos municipios”, aclara a Alcaldesa en funcións Marina Cabaleiro.