Curso de Ofimática Xeral Nivel Avanzado

curso_ofimatica_final

Concellería de Emprego e Formación segue apostando pola formación e dentro do Plan de Formación do 2012, dentro deste Plan estábase a levar a cabo o curso de Ofimática Xeral nivel avanzado que se clausurou o xoves 28 de xuño no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón.

Esta acción formativa foi dirixida a autónomos e desempregados, e tivo lugar entre o 4 e o 28 de xuño, contando con 15 alumnos.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área añadiu que dende o seu departamento estase a traballar nun Plan de Formación propio, no cal está enmarcado este curso e quere suliñar que toda a información relativa a ofertas de traballo e formación dáselle publicidade periodicamente nos taboleiros e na páxina web do Concello, “Preténdese que a páxina web do Concello sexa unha ferramenta básica para a consulta das ofertas de traballo e formación”.