Novas

Axúdanos a reciclar

O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas ANPAs e o CRA estamos a desenvolver un traballo moi importante de cara a separación do lixo para diminuir o lixo que se está a derivar directamente ao contedor verde. O mércores 23 ás 16:30 na Praza do concello participa na xinkana “axúdanos a reciclar”.

V San Silvestre de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas celebrará o día 26 de decembro, ás 21:00, e por quinto ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria de San Silvestre, unha iniciativa que ten como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Será un xeito de facer deporte e, ao mesmo tempo, axudar a aqueles que máis o necesitan.

O Centro de Estimulación Infantil Manus colabora co Programa de Alimentos

O Centro de Estimulación Infantil Manus ven de facer unha aportación para o Programa de Alimentos de Salceda, resultado dunha iniciativa solidaria levada a cabo no propio centro educativo que consistiu na recollida de alimentos infantiles, especialmente adicados á merenda dos máis cativos.