Xerais

A Cámara Agraria xa é propiedade do Concello

O Alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, ven de asinar o documento de compra do edificio da antiga Cámara Agraria con Pablo Moure, Subdirector de Patrimonio da Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia, actual propietaria do inmoble, e ante o Notario do Porriño, Santiago Martinez Carrera.

Salceda e Tui acollen o I Campus ‘Denis Suárez’

Os Concellos de Salceda de Caselas e Tui acollerán, entre os días 3 de xullo e 8 de xullo, as actividades do I Campus de Fútbol ‘Denis Suárez’ que se desenvolverá nos campos do Caselas en Salceda e do Tyde en Tui.

Salceda inicia unha campaña en torno aos alérxenos

As Concelleiras de Educación e Consumo do Concello de Salceda de Caselas, Tere Pérez e Loli Castiñeira, veñen de recibir a un grupo de nais de nenos e nenas con problemas de alerxias e intolerancias alimentarias.

O Caselas F.C. celebra 50 anos de historia

O Concello de Salceda traballa man a man coa Comisión encargada da organización deste aniversario, así como coa directiva do equipo para lograr un resultado conxunto que sirva de celebración para o evento.

Soutelo acolle a III Xtrema Soutelo

A Praza do Concello de Salceda de Caselas acolleu a presentación da III Xtrema Soutelo, unha proba absoluta cronometrada composta de un percorrido de 9 km., con diversos obstáculos que se celebrará o vindeiro 18 de xuño na Parroquia de Soutelo.