Xerais

A II 10K Concello de Salceda contou con máis de 800 participantes

Marina Cabaleiro quere destacar a alta participación neste evento, “nunha mañán na que o atletismo popular mandou nas nosas rúas, unha mañá deportiva e solidaria na que ademáis se recolleron máis de 700 Kg. de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello”

Reportaxe fotográfica “II 10K Concello de Salceda”

Esta Carreira Popular organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración das EDM, tivo lugar o pasado 4 de maio. A Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, destaca a elevada participación, xa que nesta ocasión contouse con máis de 800 atletas. Dende a Concellería agradecen a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Escolas Deportivas Municipais, Policía Local e casas comerciais.