ACISA presenta as últimas tendencias en moda, perruquería e complementos

A Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (ACISA) ven de facer unha presentación das últimas tendencias en moda, complementos e perruquería, nun gran desfile que se celebrou na Praza do Concello de Salceda. Máis de 60 modelos de tódalas idades foron os encargados de lucir as prendas, accesorios e peiteados, nunha pasarela ateigada de público que non deixou de aplaudir nas tres horas que durou o evento.

Marcos Roca e Iria Cid, Recanteiros do programa Luar da TVG, foron os encargados de ir presentando os diferentes pases, participando tamén, como non podía ser doutro xeito, con algún dos temas dos seus respectivos repertorios. Ademáis o desfile contou tamén coa actuación do grupo de playbacks O Coto de Budiño.

Sobre a pasarela puidéronse ver as novidades das tendas de roupa “Bulería” e “Rabel”, a moda infantil de “Xiandela” e “La tienda de Isabel”, os complementos de “Karbell”, o calzado de “Tamanca”, os peiteados de “Silvia Castro”, “Essencial” e “Crisbor”, así como as novidades en festa, comunións e boda de “Yolanda Moda”.

Para a organización deste evento, ACISA contou en todo momento coa colaboración do Concello de Salceda, traballando man a man para o éxito rotundo deste evento.

Nos días previos á cita, cada tardiña, nenos e maiores ensaiaban “in situ” na mesma Praza do Concello, xenerando unha grande expectativa que se viu reflexada na grande cantidade de público que acudiu o gran día a presenciar o espectáculo.

Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio: “Dámoslle a noraboa a ACISA por este tipo de iniciativas que contribúen á dinamización do comercio da vila, e da veciñanza en xeral. ACISA demostrou unha vez máis que é quen de organizar eventos con éxito, e sempre que así sexa saben que poden contar coa nosa total colaboración”.

Gabinete de prensa, 3 de maio de 2014