A II 10K Concello de Salceda contou con máis de 800 participantes

Esta carreira popular, que se realiza por segundo ano consecutivo, contou con máis de 800 atletas repartidos nas distintas carreiras que percorreron 10000, 2500, 1000, 500 e 150 metros, segundo a categoría na que participaban.

 A carreira absoluta, que tivo a súa salida ás 10:30 horas, percorreu 10000 metros por varias das parroquias do concello, incluindo o paseo do Río Caselas, ademáis de parte do casco urbano. Nesta carreira absoluta os mellores tempos foron para Akka Essaadapui (35,26 min.), José Carlos Ferreira González (36,08 min.) e Cesar Costas Álvarez (36,07 min); no caso das féminas os mellores tempos foron para Iria Fernández Fontenla (38,18 min.), Rocío Rodríguez Martínez (39,30 min.) e Ana Belén González Garrido (42,58 min.). No caso da mellor salcedense nas categorías absolutas, o premio foi para Montserrat Alvarez Da Silva e na categoría masculina para Roberto Mata Martínez.

 No resto das carreiras participaron rapaces nados entre os anos 1999-2001 (categoría A-2500 metros), do 2002-2004 (categoría B-1000 metros), nados entre o 2005-2007 (categoría C – 500 metros) e a partires do 2008 (categoría pitufos  – 150 metros).

 A Concellería de Deportes, que dirixe a tenente alcalde Marina Cabaleiro quere agradecer especialmente a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Policía Local, Escolas Deportivas Municipais e empregados do concello que se volcaron na organización deste acto. Ademáis das casas colaboradoras que subvencionaron os agasallos que se entregaron cos trofeos.

Marina Cabaleiro quere destacar a alta participación neste evento, “nunha mañán na que o atletismo popular mandou nas nosas rúas, unha mañá deportiva e solidaria na que ademáis se recolleron máis de 700 Kg. de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello”