Salceda reformará a Aula de Fontán nas vacacións de verán
O Concello de Salceda ven de recibir da Deputación Provincial de Pontevedra a aprobación do proxecto de mellora da Aula Unitaria de Fontán pertencente ao CRA Raíña Aragonta, incluído no Plan Concellos 2017. Con esta resolución, o Concello aproveitará as vacacións de verán do colexio para proceder á realización das obras, por un importe de 26.545,64 €.