Urbanismo

Máis de 365.000 € do Plan Concellos para mellorar viais do Casco Urbano

123.769,33 € corresponden á humanización da Rúa Compostela; 203.854,82 € será a aportación do 30% que o Concello ten que facer para a urbanización da Rúa Gándara, e resérvanse 37.515,99 € para o asfaltado do primeiro tramo da Rúa Rosalía de Castro ata a entrada do CRA Raíña Aragonta.

Salceda recuperará a Rúa Compostela para as persoas

Esta nova actuación enmárcase dentro da política de humanizacións que está a desenrolar o Concello, dando continuidade aos proxectos xa levados a cabo no entorno da Praza do Concello, así como en diversas rúas do centro.

Humanización e reorganización do casco urbano de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven de iniciar as obras para unha nova humanización no seu casco urbano. Trátase, neste caso, da humanización do primeiro tramo da rúa Rafael Tilve Adrio ata o seu entronque coas rúas Compostela e Coruña.