Ensino

Salceda reformará a Aula de Fontán nas vacacións de verán

O Concello de Salceda ven de recibir da Deputación Provincial de Pontevedra a aprobación do proxecto de mellora da Aula Unitaria de Fontán pertencente ao CRA Raíña Aragonta, incluído no Plan Concellos 2017. Con esta resolución, o Concello aproveitará as vacacións de verán do colexio para proceder á realización das obras, por un importe de 26.545,64 €.

Salceda inicia unha campaña en torno aos alérxenos

As Concelleiras de Educación e Consumo do Concello de Salceda de Caselas, Tere Pérez e Loli Castiñeira, veñen de recibir a un grupo de nais de nenos e nenas con problemas de alerxias e intolerancias alimentarias.

IV Xornadas de Educación Vial

As xornadas, realizadas coa colaboración da DXT, están dirixidas aos escolares do municipio de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria, que reciben formación teórica e práctica en materias de educación vial.