Ensino

Programa de apoio lingüístico para menores en Salceda de Caselas

As Concellarías de Ensino e Voluntariado do Concello de Salceda de Caselas, dirixidas por Tere Pérez e Carla Pérez respectivamente, veñen de poñer en marcha a III edición do Programa de Apoio Lingüístico para nenos e nenas inmigrantes escolarizados no municipio.

Salceda ultima a posta a punto dos colexios

Durante todo o ano o Concello de Salceda mantén unha comunicación fluída cos equipos directivos dos centros de ensino, o que permite ao Grupo de Goberno coñecer de primeira man as necesidades que neles se presentan, realizándose a maioría das actuacións durante o verán.

Cóidate e coida aos que máis queres

Baixo o nome “Cóidate e coida ós que máis queres”, o Concello de Salceda continúa co programa de información dos Sistemas de Retención Infantil (SRI), tras a entrada en vigor da nova normativa o pasado 1 de outubro. Para levar a cabo esta iniciativa cóntase coa colaboración da Policía Local.