Emprego e formación

Solicitado un programa de emprego para atender a 100 persoas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. O plan acollería persoas desempregadas de sectores diversos.