Deportes

V San Silvestre de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas celebrará o día 26 de decembro, ás 21:00, e por quinto ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria de San Silvestre, unha iniciativa que ten como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Será un xeito de facer deporte e, ao mesmo tempo, axudar a aqueles que máis o necesitan.

Cita co deporte esta fin de semana en Salceda

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura Castelao a VIII Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que se vai celebrar este domingo en Salceda de Caselas. A marcha complétase ademáis coa celebración da IX andaina “Coñece o teu entorno” e co I Trail, ofrecendo así diferentes alternativas para a mañá do domingo.

Clausura do I Campamento Ciclista

O luns 10 de Agosto tivo lugar a entrega de diplomas do primeiro campamento ciclista, que rematou o pasado venres 31 de xullo. Miguel e Gabriel foron os responsables de levar a cabo esta actividade organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que contou coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas e da asociación Made in Salceda.