Deportes

O Caselas Fútbol Club busca nova directiva

O actual presidente, coa súa Xunta Directiva, veñen de presentar a súa dimisión, abríndose polo tanto o proceso de elección da nova dirección do club. O proceso electoral pechouse o pasado sábado 21 de maio sen que se presentasen candidaturas, poñendo en perigo a supervivencia da entidade.

Soutelo acolle a II Xtrema Soutelo

Tras o éxito acadado o pasado ano na primeira edición, esta proba consolídase con importantes cambios sobre todo no tocante ás probas, que serán moito máis atractivas e espectaculares que na primeira edición.

Gran Premio Concello de Salceda de Xtrembike

A Praza do Concello de salceda de Caselas foi o escenario elexido esta mañá para a presentación da I Xtrembike “Gran Premio Concello de Salceda de Caselas “, que se celebrará o vindeiro domingo 12 de xuño, con saída e chegada na mesma Praza do Concello.

IX Andaina “Concello de Salceda”

O vindeiro sábado 21 de maio, o Salceda de Caselas acollerá a novena edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece dúas alternativas de participación, podendo elexir entre 27 ou 50 km.