Cultura e festas

Máis de 30 actividades no Nadal de Salceda

O “pequeno circo de Nadal” será sen dúbida o prato forte da programación, cunha carpa na Praza do Concello que ao longo de tres días se convertirá nun espazo simbólico compartido no que vivir unha experiencia de Nadal, tal e como o definiu Nelson Quinteiro, director artístico do proxecto.

25 entidades reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste ano 2019 que lles permitirán percibir as axudas destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

Despois dos callos volve o Pincho Folk

Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.

“Callos en igualdade” esta fin de semana en Salceda

A Praza do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXVII Festa dos Callos que se celebrará esta fin de semana en Salceda de Caselas. A Alcaldesa, Loli Castiñeira, que afronta por vez primeira esta festa como rexedora, estivo acompañada do seu Concelleiro de Cultura Alex Rodríguez, do Presidente do grupo Señorío de Rubiós Antonio Méndez e dos representantes do grupo Coren Fernando Córdoba e Alejandro Alonso.