Cultura e festas

Salceda presenta o seu Nadal con máis de vinte actividades para todos os públicos

A terceira edición do Pequeno Circo de Nadal, convertido xa nun referente na contorna será o prato forte da programación cultural.

A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Nadal do Concello de Salceda de Caselas, e que contará con máis de 20 actividades coordinadas pola Concellería de Cultura que dirixe Alex Rodríguez Canosa, orientadas a todos os públicos mais principalmente ao público infantil.

Unanimidade para pedir a reposición do Acueducto do Pontillón

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada polos grupos de goberno (MS e PSOE) para a protección do patrimonio natural fluvial existente no río Caselas, pedindo expresamente a reposición do acueducto do Pontillón entre as parroquias de Caldelas e Arantei que recentemente foi desmontado durante a execución das obras de “Mellora da permeabilidade no río Caselas” por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Entroido virtual en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas aposta por manter vivo o espírito do seu histórico Entroido celebrando diversos actos e actividades de xeito virtual.
Entre as actividades previstas estará o I Concurso de Disfraces de Entroido.

Máis de 92.000 € para as asociacións a pesares do parón da actividade

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de asinar os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio: culturais, deportivas, sociais e centros escolares. No acto de sinatura, que se celebrou no Auditorio Municipal seguindo os protocolos COVID, a alcaldesa estivo acompañada dos concelleiros de cultura e deportes, Alex Rodríguez e Rubén González.