O Concello de Salceda homenaxeará o traballo de Protección Civil no Estourazo
A Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Salceda é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda nesta edición especial marcada pola pandemia do coronavirus. A cita será o vindeiro sábado 18 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Concello.