50 postos participan na I Festa Artes e Sabores
A Asociación Veciñal Caselas celebrará os vindeiros 29 e 30 de marzo a I Festa Artes e Sabores no seu local de Salceda de Caselas. Un total de 50 postos ofrecerán produtos de artesanía e gastronomía, oferta que se completará con obradoiros e xogos para a rapazada.