Trampeo Vespa velutina
Un grujpo de voluntarios e o concello de Salceda de Caselas están a traballar na colocaicón de trampas, é moi importante a túa colaboración!!
Salceda de Caselas |
![]() |
![]() |
|
Un grujpo de voluntarios e o concello de Salceda de Caselas están a traballar na colocaicón de trampas, é moi importante a túa colaboración!!
O Concello de Salceda de Caselas informa da desactivación de máis de 70 niños de vespa velutina no territorio do municipio, grazas á acción dun grupo de voluntarios coordinados pola Concelleira de Medioambiente Carla Pérez.
O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en funcionamento os Centros de Compostaxe Comunitaria instalados nos Parques Raíña Aragonta e A Gándara, e detrás da Praza de Abastos. A iniciativa enmárcase no Programa “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, na que participan 23 Concellos.
Segundo os últimos datos dispoñibles, os cidadáns deste municipio do Baixo Miño reciclaron máis de 103 toneladas de envases de vidro o que equivale a unha media de 11.6 kg de vidro por habitante. Isto supón que cada cidadán reciclou máis de 44 envases de vidro por persoa.
O vindeiro sábado 21 de maio, o Salceda de Caselas acollerá a novena edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece dúas alternativas de participación, podendo elexir entre 27 ou 50 km.