Axenda Ecolóxica

Trampeo Vespa velutina

Un grujpo de voluntarios e o concello de Salceda de Caselas están a traballar na colocaicón de trampas, é moi importante a túa colaboración!!

Salceda súmase á compostaxe

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en funcionamento os Centros de Compostaxe Comunitaria instalados nos Parques Raíña Aragonta e A Gándara, e detrás da Praza de Abastos. A iniciativa enmárcase no Programa “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, na que participan 23 Concellos.

Campaña para aumentar o reciclado de vidro

Segundo os últimos datos dispoñibles, os cidadáns deste municipio do Baixo Miño reciclaron máis de 103 toneladas de envases de vidro o que equivale a unha media de 11.6 kg de vidro por habitante. Isto supón que cada cidadán reciclou máis de 44 envases de vidro por persoa.

IX Andaina “Concello de Salceda”

O vindeiro sábado 21 de maio, o Salceda de Caselas acollerá a novena edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece dúas alternativas de participación, podendo elexir entre 27 ou 50 km.