Axenda Ecolóxica

BANDO INFORMATIVO

O recibo polo servizo de sumidoiro do ano 2013 recolle o incremento do Canon por Coeficiente de Verquedura aplicado pola Xunta de Galicia (46,80 €). O prezo aplicado polo Concello para este servizo segue a ser o mesmo que no ano 2012 (38,74€).

II Xincana da Natureza

O vindeiro venres día 30 de maio vai a ter lugar no parque da Gándara a II Xincana da natureza ás 18h. Nesta II Xincana vanse a aumentar o número de xogos-probas que van a ter que superar, ata 6 diferentes.

O Impacto dos trasxénicas pecha o II progama agroecolóxico de Salceda de Caselas

Este venres as 20:30 vai a ter lugar o peche das II Xornadas de Agricultura Ecolóxica na Casa da Cultura a través da charla de “O Impacto dos trasxénicos: Sabemos o qué comemos?”, para elo contaremos coa presencia de Antón Lois de Amigos da Terra e con Belén Fervenza do Sindicato Labrego que serán os encargados de pechar o ciclo iniciado o venres 21 de marzo.