23 locais adheríronse á plataforma de venta online de Salceda
A plataforma “De barrio” bota a andar tamén no Concello de Salceda con 23 comercios inicialmente, que se prevé sexan máis nos vindeiros días. O Concello colabora deste xeito co sector do comercio, asumindo os custos das altas no servizo e de mantemento neste primeiro ano.