Alcaldía

40 mulleres recibirán atención especializada en Salceda

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, acompañada da técnica de igualdade Irene Ojo, e da consultora Laura Seara, presentou esta mañá o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero de Salceda, con actividades enmarcadas dentro do II Plan de igualdade municipal, que nos vindeiros dous meses realizará numerosos talleres iniciativas e que atenderán a 40 mulleres salcedenses.

Primeiras sancións en Salceda por non empregar máscara protectora

A fin de semana das Festas do Cristo saldouse coas primeiras denuncias por non empregar máscara protectora. Garda Civil e Policía Local reforzaron a vixianza no municipio por mor das festas, e deste xeito producíronse as primeiras denuncias vinculadas ao uso da máscara protectora.

Salceda amplía a superficie do Penedo Redondo ata os 13.100 m2

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Presidente da Comunidade de Montes de Parderrubias, Jose Estévez, veñen de asinar o acordo de cesión de 13.100 m2 de terreo comunal na zona do Penedo Redondo que lle permitirá ao Concello a construción dun novo campo de fútbol 8 así como dunha área de adestramento de porteiros/as, para dar cabida deste xeito ás case 400 persoas que se prevé que fagan uso das instalacións a vindeira tempada

Primeiras sancións por non recoller os excrementos das mascotas

As sancións, por un importe de 300 € que se verá incrementado en caso de reincidencia, veñen a intentar solucionar un problema de ornato público que en determinados momentos resulta demasiado reiterado no casco urbano da vila, coas consecuentes molestias ao tráfico peonil.

Bota a andar o gabinete psicolóxico da man de Avelaíña

Dende comezos do mes de xullo funciona xa o gabinete de atención psicolóxica de Salceda de Caselas, que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete supón un investimento anual de 10.925 €, financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.