Curso nivel Básico de Prevención de Riscos no CDL O Torrón

A Concellería de Emprego e Formación mantén aberto o prazo de inscrición para o curso de Prevención de riscos nivel básico.

A inscrición será ata o 31 de maio no Rexistro Xeral do Concello. Este curso escomposto por 60 horas (20 horas presenciais e 40 horas a distancia). Será gratuito e con preferencia para desempregados e terá un custo de só 50 euros paras as persoas empregadas.

Esta actividade está integrada dentro do Plan de Formación Municipal do Primeiro semestre de 2014 e terá lugar no CDL de O Torrón. As xornadas presenciais serán os días 9, 11,13 e 25 de xuño de 9:00 a 14:00 horas, impartidas pola Fundación Laboral da Construcción, entidade habilitada para impartir esta formación especializada.

Marina Cabaleiro, concelleira de emprego e formación, resalta a cantidade de consultas que os técnicos do Concello tiveron en relación con está formación, moi demanda polas empresas e obligatoria en moitos casos. Algúns usuarios da bolsa de emprego do concello informaron aos técnicos que non puideron acceder a ofertas de emprego pola falta deste formación complementaria, foi por elo polo que nos decidimos a impartir este curso”.