A camelia vai a estar presente o 7 e 8 de marzo no Concello de Salceda de Caselas

 

A fin de semana do 7 e 8 de marzo Salceda de Caselas a Camelia vaise a facer un eco de relevada importancia no centro da vila, o Auditorio Municipal será o encargado de acoller esta VII Mostra da Camelia, a quen a Concelleira da área Loli Castiñeira quere agradecer especialmente o traballo que realizan a Asociación de Xuvilados, a Asociación de Mulleres Rurais quen participan anualmente na organización da actividade, así como tamén á Camelia Galicia e á Sociedade Española de la Camelia. O acto inaugural terá comezo ás 16:00 o sábado.

Ademáis para esa fin de semana Salceda vaise a acoller unha elevada variedade de actos comezando o sábado polo Grupo didáctico de Antón Corral. O domingo a Feira de Agricultura Ecolóxica e a de Artesanía ás 10 da mañá está asentada na Praza do Concello, onde numerosos artesanos e produtores terán o seu posto, para máis información contactar con secretariaalcaldia@salcedadecaselas.es. Ás 11:30 a Xincana en familia terá saída dende a Praza do Concello, un circuito de probas para toda a familia que andando, en bici ou monopatín (vehículos sen motor) terán que facer o percorrido da Xincana, o Concello de Salceda de Caselas vai a contar coa participación do CRA Raíña Aragonta, ASEM Galicia, ANPA as Landras e o Voluntariado de Salceda de Caselas, que van a ter preparada unha xornada en familia para disfrutar con diferentes probas ao longo do Río Caselas co obxetivo de primar a vida sana, apuntarse en cultura@salcedadecaselas.es. Ás 16:30 a Praza do Concello será novamente o escenario de diferentes actividades de animación infantil, e as Xornadas da Camelia terán o seu peche o domingo ás 19:00 coa Banda de Gaitas de San Xoan de Paramos.

Unha perfecta gama de actividades para pasar a fin de semana en Salceda, onde un ano máis a camelia vestirá á vila de Salceda. Loli Castiñeira concelleira de Turismo asegura que un ano máis vamos a celebrar a Festa da Camelia que acolle a máis un centenar de exposicións inundando o Aditorio Municipal de variedade cromática que nos brindas as numerosas variedades de cores desta especie, unha acollida rodeada dunha gran oferta cultural que fai honra ao noso pobo.