Éxito na xornada de Presentación e Portas Abertas do CDL O Torrón
A concellería de emprego e formación do Concello de Salceda, elixiu para a presentación do centro de desenvolvemento local unha xornada de traballo “CDL O Torrón, un impulso a modernización e o progreso de Salceda”.
Toda unha tarde, na que o auditorio do centro non deixou de estar ateigado de xente, veciños e veciñas do concello e doutros limítrofes atraídos polos relatares que conseguiron a atención de todos os asistentes.
A primeira parte da xornada foi adicada ós emprendedores e deu comenzo coa ponencia de Rubén Hermida (Presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia), falando de emprendemento e creación de empresas na situación actual. Ademáis, preguntado por un dos asistentes ó acto comentou as peculiaridades do incio da súa actividade profesional. A continuación tiveron lugar dúas experiencias reais no eido do emprendemento, Humberto Lede que instalou a súa empresa Activalede, S.L. nun viveiro municipal e Victoria Troncoso, fundadora e administradora de Biscuits Galicia, S.L.
Antes da pausa-café tamén lle tocou o turno a David P. Rivada (da consultora Norformación, S.L.) que explicou como realizar os certificados de profesionalidade, un tema de actualidade e polo que a concellería de emprego e formación recibe consultas diariamente.
Na pausa, os asistentes tiveron oportunidade de interactuar cos relatores, comentar as súas experiencias e consultar as súas dúbidas, nun ambiente distendido destindido que propiciou que incluso algúns dos asistentes poidese anotarse a ofertas de emprego que presentou algunha das empresas intervintes.
A segunda parte da xornada adicouse á actividade empresaria, contando ca presenza de David Sobral, secretario xeral de FEGAPE e Pablo Búa, director de recursos humanos de Playdesa, que ó final da súa exposición puxo á disposición dos asistentes os datos para que poidesen facer chegar o currículo laboral a súa empresa. Mentres, o secretario da Federación Galega de Parques Empresariais falou da necesidade de convertir zonas industriales espontáneas en polígonos industriais para poder ofrecer máis e mellores servizos, como exemplo o traballo que se está a desenvolver polo Concello neste sentido na área de O Cerquido.
Ó final da xornada abordouse, como non podía ser doutra maneira, o desemprego. Mentres Eduardo García-Zabarte, socio en Equidem e Side Formación trataba o tema de como buscar emprego no momento actual, María P. Pereiro de Adecco informaba das profesións e formación demandada polas empresas, ademáis de presentar as ofertas de emprego dispoñibles pola súa empresa na actualidade.
Varios dos asistentes dirixíronse a concelleira para pedir que se seguisen promovendo este tipo de iniciativas, consideradas vitais na situación actual.
No peche, Marina Cabaleiro, tenente alcalde e concelleira de emprego e formación, como responsable do proxecto “CDL O Torrón”, aproveitou para agradecer aos relatores a súa participación e colaboración de forma desinteresada. Ademáis, explicou que este é o comenzo, xa que o centro xa é un ente vivo que cumpre co obxectivo principal de dar acollemento a todas as políticas de emprego e formación a través dos cursos do Plan Municipal de Formación, Aula Mentor ou aula Cemit, ademáis de estar no proceso de recollida de proxectos para o Viveiro Municipal de Empresas. “Seguiremos traballando para que os veciños e veciñas teñan máis e mellores oportunidades de encontrar emprego”.