CDL O Torrón, un impulso á modernización e o progreso de Salceda
A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda de Caselas, presenta o próximo xoves 31 de outubro a xornada “CDL O Torrón, un impulso á modernización e o progreso de Salceda”.
Unha xornda que servirá de presentación do proxecto “CDL O Torrón”, no que a concellería ven a traballar o longo dos últimos 2 anos. Un proxexto que cumpre xa na actualidade co obxectivo que o impulsou no seu momento: dinamizar o Centro Desenvolvemento Local, convertindo nun no eixo de todas as políticas de emprego e formación.
Dentro do centro, existen dúas áreas perfectamente diferenciadas pero que conviven nun marco común:
Por unha banda está o espazo formativo composto por diferentes aulas: aula polivalente, aula de novas tecnoloxías, aula de ebanistería e aula de hostelería. Estas aulas xa acollen na actualidade diferentes cursos como son informática básica, photoshop, ms office, escaparatismo, técnicas de empaquetado, xestión de almacén, caixeiro, contabilidade…
Por outra banda o CDL O Torrón, acolle o Viveiro Municipal de Empresas, que obedece a necesidade de dar unha maior facilidad para crear empresas e novos autónomos, facilitándolles un espazo físico onde poder comenzar a súa andaina empresarial e profesional.
En palabras de Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área “Salceda pasa a ser un dos poucos municipios de Galicia que ten viveiro de empresas propio, e máis, case con toda certeza podo afirmar que o único concello destas dimensións”. Tamén quere salientar que o prazo de presentación de solicitudes para acceder o Viveiro remata o próximo 8 de novembro, polo que os emprendedores aínda están a tempo de presentar o seu proxecto.
En definitiva, trátase de que sexa un centro vivo, dinámico que axude a aqueles veciños e veciñas a formarse, a incrementar as posibilidades de emprego, ou facilitarlle o camiño a aqueles que queiran levar adiante unha idea de empresa, para que lles sexa o máis doado e económico posible.
A finalidade do proxecto redúcese a tres palabras: formación, emprego, futuro.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable do proxecto, “estamos moi satisfeitos da acollida e resultado desta iniciativa prioritaria no eido do emprego e a formación, porque conseguimos a posta en valor do CDL O Torrón e xa se está a converter nun centro de referencia comarcal. Resumindo, a finalidade deste proxecto redúcese a tres palabras: formación, emprego, futuro”.
ENCONTRO
Tamén queremos salientar que no marco da organización desta xornada, a Concelleira de Emprego e Formación, Marina Cabaleiro, mantivo un encontro co Secretario da Federación Galega de Parques Empresariais, David Sobral e co director de RRHH de Playdesa, Pablo Búa, no que se abordaron aspectos de distintas iniciativas de colaboración en materia de emprego.
Marina Cabaleiro, “dende a Concellería de Emprego e Formación continuaremos na procura de calquera tipo de convenios ou colaboracións que nos permitan levar a cabo iniciativas de emprego e formación no noso Concello, e con este motivo seguiremos realizando xuntanzas con distintas institucións e empresas”
PROGRAMA: