A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda, que dirixe Teresa Pérez, ultima xa os preparativos das Festas do Cristo que se van celebrar esta fin de semana. As festas teñen o seu punto de partida no tradicional Estourazo, que vai xa pola súa séptima edición, e que se leva a cabo dende o balcón da Casa da Cultura Castelao mañá sábado ás 22:00 horas. O Estourazo homenaxea cada ano a un colectivo, e este ano é o turno de rendir homenaxe ao mundo do motor. Para elo participarán no evento pilotos do municipio salcedense, así como representantes das Escuderías DONA URRACA e SURCO.
O Concello de Salceda foi un dos poucos de Galiza no que este ano coincidiron tramos de dous rallies diferentes: O Rally Eurocidade 2016, organizado pola Escudería Dona Urraca no mes de maio, e o rallie SURCO, organizado pola Escudería SURCO no mes de xullo. Ademáis, é habitual contar con tramos polas estradas de Salceda do Rallie Moucho, Rallie de Clásicos ou Rallie da Lamprea, entre outros. Outras probas transcorreron históricamente polo municipio, aínda que hoxe en día xa non existen (Rallie Rías Baixas ou Rallie RECALVI).
En canto aos pilotos, son varios os vinculados co municipio de Salceda de Caselas: Jorge Pérez e Alejo Souto, Javier Vázquez e Jorge Fernández, Óscar González e Toñi González, Rodrigo Vila e Marcos Romero, Pedro Tapia e Marcos Gude… Ademáis, o Concello de Salceda conta con unha das poucas mulleres pilotos de rallie, Vanessa Pérez Oliveira, con Diego González como copiloto.
O Concello de Salceda inviste máis de 10.000 € cada ano en axudas a pilotos e escuderías, ademáis da colaboración constante na organización das diferentes probas que se celebran no municipio. Agora, co Estourazo, dende o Concello preténdese rendir unha merecida homenaxe a pilotos e organizadores, que o sabádo se subirán ao balcón da Casa da Cultura para dar o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo.
Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “O Rallie identifica a Salceda por todo o País, por iso este ano decidimos adicarlle este máis que merecido homenaxe. As Festas do Cristo e o mundo do rallie vanse dar a man nunha xornada divertida e de troula, onde un ano máis a Agrupación Gaiteira de Salceda porá a nota musical no evento”.