Novas

A participación veciñal de Salceda, en exposición pública

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, aprobado cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

Produtos frescos con tódalas medidas de seguridade na praza de abastos

A praza de abastos de Salceda segue a ser o principal punto de abastecemento de produtos frescos en Salceda durante o estado de alarma. O mercado mantén a súa actividade diaria de venta de carne, peixe fresco e froita, así como o servizo de bancadas dos mércores para a venta de peixe.

Solidariedade contra o coronavirus

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, xunto co seu equipo de goberno, queren facer público o seu agradecemento ás múltiples mostras de solidariedade que están a recibir nestes días a través das diferentes canles das que dispón o Concello, e que son exemplo da boa predisposición do conxunto da sociedade salcedense na loita contra o COVID 19.

O comité do COVID 19 de Salceda reúnese cada dous días

Cada dous días reúnese o comité de seguemento do COVID 19, presidido pola alcaldesa, con participación da concelleira de sanidade, o portavoz da oposición e a xefa de servizo do centro de saúde, no que se actualizan os datos da área sanitaria de Vigo e no que se establecen as medidas precisas a tomar por prevención, así como o protocolo de actuación cando xurde algún positivo no municipio.