O Concello de Salceda aumenta o seu apoio ao tecido asociativo
O Concello de Salceda de Caselas ven de asinar coas asociacións os convenios de colaboración para o ano 2021, que lles permitirá percibir en total 126.751,40€. Estas axudas, as máis altas da historia veñen recollidas no orzamento 2021 como subvencións nominativas e destínanse a colaborar na sufragación dos gastos de funcionamento e de actividades das entidades.