O Concello acomete a limpeza da fachada do CRA Raíña Aragonta

O concello está a levar a cabo a hidrolimpeza das fachadas, dos caleiros e dos sumidoiros de pluviais do CRA Raíña Aragonta.

Esta limpeza extraordinaria que se realiza por primeira vez neste centro, forma parte do Plan de Mellora, mantemento, reparación e limpeza para a posta a punto das instalacións educativas.

“A previsión é que todas as tarefas de mantemento e limpeza estean rematadas na primeira semana de setembro”, indica a concelleira de área.
Aproveitando a maquinaria tamén se está a repasar e afianzar as lousas da fachada, tanto as de madeira como as de formigón; o paso do tempo fai que algunhas das lousas cedan e estean en situación perigosa.

Realizarase tamén unha imprimación da cuberta plana, na parte superior da entrada principal do edificio, actuando de xeito integral en toda a zona, para evitar filtracións.

A concelleira responsable de Ensino, Gela Ledo explicou que estes arranxos forman parte do Plan de Mellora e Mantemento que ten o concello en marcha. Este Plan, esténdese a todos os centros educativos, deste xeito nas aulas unitarias das parroquias tamén se están a facer os arranxos necesarios: pintura, cambio de redes exteriores, pequenas reparacións, limpezas xerais e desbroces. Así como no CEP Altamira, no que este ano, tamén de xeito extraordinario, se acomete con hidrolimpadora a limpeza de patios, muros exteriores e sumidoiros.
Verónica Tourón, alcaldesa, afirma que “este Plan de Mellora foi consensuado a finais do curso cos equipos directivos dos centros, cubrindo así as necesidades básicas, para que os centros escolares do municipio estean en condicións para darlle a benvida ás nosas nenas e nenos en setembro”

Gabinete de Prensa, 6 de agosto de 202