Novas

O CONCELLO DE SALCEDA RENOVA AS LUMINARIAS DA VILA CON TECNOLOXÍA LED DE BAIXO CONSUMO

O Concello de Salceda de Caselas ven de realizar o cambio de máis de 200 luminarias da vila por outras novas con tecnoloxía LED, o que suporá unha redución do consumo enerxético do 70% e a redución das emisións de CO2 á atmosfera. A actuación, concedida no ano 2019, contou cun investimento total de preto de 100.000 euros, financiado nun 80% con fondos europeos a través do IDAE, sendo financiado o restante pola Deputación de Pontevedra e fondos propios.

O CONCELLO DE SALCEDA TEN A DÉBEDA MÁIS BAIXA DA HISTORIA

A Conta Xeral demostra a excelente situación económica e financeira das arcas municipais.

O pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a Conta Xeral do ano 2020 con aforro neto positivo, cumprindo a regra de gasto e reducindo o nivel de endebedamento, nun ano complexo para a planificación económica por mor da pandemia producida pola COVID19.