Novas

A Concellería de Emprego e Formación xa ten presenza nas redes sociais

A Concellería de Emprego e Formación do Concello de Salceda xa ten presenza nas redes sociais. Dende o próximo 1 de febreiro estará en funcionamento o facebook Concellería de Emprego e Formación Salceda, cun obxectivo principal que é o de escoitar as propostas e achegar información aos veciños e veciñas de Salceda de maneira gratuita.

Dan comenzo os cursos de informática no CDL O Torrón

O centro acolle semanalmente máis de 200 alumnos.

Este martes deron comenzo no CDL de O Torrón os dous cursos de informática incluidos no Plan de Formación Municipal da Concellería de Emprego e Formación de Salceda.

Informática básica e Búsqueda de Emprego por Internet son as accións formativas coas que se pretende que os desempregados teñan as nocións básicas para o manexo do ordenador e búsqueda de emprego a través das novas tecnoloxías.

20 desempregados fórmanse no curso de “Manexo da carretilla elevadora” realizado no CDL O Torrón.

O Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón ven de acoller esta semana un curso de “Carretillero” de 20 horas. Os alumnos ademáis das clases teorícas tiveron as pertinentes clases prácticas que se desenvolveron nas instalacións do mesmo CDL.

Os 20 desempregados que accederon ao curso foron seleccionados cunha proba escrita de entre as 219 solicitudes que tivo a Concellería de Emprego e Formación.