Novas

Remate do curso de Hostelería do Plan Integral de Emprego

Dentro da actividade diraria do CDL O Torrón, o pasado martes rematou o curso de Hostelería impartido nestas instalacións, dentro da formación do Plan Integral de Emprego que xestionan conxuntamente Ponteareas e Salceda de Caselas.

Desfile infantil solidario

Este domingo en Salceda de Caselas celebrarase un desfile infantil para colaborar na investigación do SÍNDROME DE RETT, unha enfermidade neurolóxica con base xenética que afecta maiormente a nenos/as, a cal se manifesta entre os 6 e 18 meses de vida e implica unha regresión paulatina na aprendizaxe, na fala, na mobilidade, etc.