Novas

O Centro de Estimulación Infantil Manus colabora co Programa de Alimentos

O Centro de Estimulación Infantil Manus ven de facer unha aportación para o Programa de Alimentos de Salceda, resultado dunha iniciativa solidaria levada a cabo no propio centro educativo que consistiu na recollida de alimentos infantiles, especialmente adicados á merenda dos máis cativos.

Festival benéfico a favor do Programa de Alimentos

A Concellaría de Cultura e Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, ultima os detalles dos preparativos do festival solidario que se vai celebrar o vindeiro domingo 13 de decembro no Pavillón de Deportes Municipal e que espera recoller centos de quilos de alimentos non perecedeiros para incorporar ao Programa de Alimentos Municipal.

Plan de Reciclaxe en Salceda

O Concello de Salceda de Caselas ven dá paso máis na separación dos resíduos sólidos urbáns, cunha nova introdución de áreas de composteiros que serán situados en puntos estratéxicos da vila. O departamento de Medio Ambiente, que xestiona Carla Pérez, acolleuse ao Plan provincial da Deputación de Pontevedra de Compostaxe.